Moscoso Energía S.L.
Cambiar idioma a Español     Cambiar idioma a Catalan     Cambiar idioma a Éuscaro     Idioma activo     Cambiar idioma a Inglés
Validación W3C HTML   
Consellos para a Seguridade do seu Fogar
Seguridade e Protección da súa instalación eléctrica
Toda vivenda debe ter o Cadro de Mando e Protección. Se a súa vivenda é de nova construción, non se preocupe, xa teno instalado. Pero se é antiga, asegurese de que dispón dun, xa que é importante para a seguridade do seu fogar e os que viven nel.

As proteccións incluídas no Cadro de mando e Protección son as seguintes:
1. Interruptor de Control de Potencia (ICP)

É un interruptor automático que determina a potencia simultánea dispoñible de acordo co Contrato de enerxía eléctrica.El ICP dará de baixa a súa instalación cando a suma da potencia dos aparellos eléctricos conectados a un tempo, supere a potencia contratada.De esta forma evítanse riscos innecesarios na súa instalación.
2. Interruptor Xeral de Corte (IGC)

Este interruptor permite a desconexión total da súa instalación en caso necesario. Tamén realiza a función de protección da súa instalación, de xeito que nunca se sobrepase a potencia máxima admisible da súa instalación.
3. Interruptor Diferencial (ID)

É o elemento de protección máis importante do Cadro de mando e Protección, pois protexe ás persoas de calquera accidente eléctrico. O interruptor diferencial dá de baixa a súa instalación cando detecta unha derivación nalgún aparello electrodoméstico ou nalgún punto da instalació n.Envivendas, estes interruptores diferenciais, deben ser de alta sensibilidade (30 mA.)
4. Pequenos interruptores magnetotérmicos (PIA)

Toda instalación eléctrica está formada por varios circuítos (iluminación, forza, cociña, etc...) e cada un destes circuítos deben de estar protexidos por sobrecargas e curtocircuítos por un interruptor magnetotérmico, de acordo coa capacidade de cada un dos circuítos interiores.

Moscoso Energía S.L. recoméndalle:
Se ten que realizar un novo contrato de subministración, modifique ou substitúa o seu Cadro de Mando e Protección de acordo coa lexislación vixente para asegurar a súa instalación doméstica ante riscos eléctricos. Así velará pola súa seguridade e a dos seus familiares.

Instale un interruptor Diferencial de 30 mA. De suficiente sensibilidade para evitar cortes na subministración da súa instalación (en caso dun funcionamento desaxeitado dalgún dos electrodomésticos)
Lexislación
As normas e condicións que deben reunir as instalacións eléctricas de Baixa Tensión foron definidas polo Ministerio de Industria e Enerxía e publicado no Real decreto 842/2002, e están reunidas no Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión.
Moscoso Energía S.L. Avda. do Concello, 21 A Lama, Pontevedra 36830 Tel: 986768150. clientes@moscosoenergia.com